Sunday 28 de April de 2024

O alumnado do obradoiro de emprego ‘Artabroemprede’ inicia a plantación de bidueiros en Costa Miño


• A través desta actuación prevese a plantación de 174 exemplares Costa Miño e o axardinado dos alcorques con céspede artificial.

O alumnado do Obradoiro dual de emprego ‘Artabroemprende’, impulsado polo Concello de Miño xunto aos municipios de Cabanas, Monfero, Paderne e Pontedeume, iniciou os labores de plantación de bidueiros nos alcorques de Costa Miño.

A actuación, levada a cabo polos alumnos e alumnas do módulo de xardinería en espazos urbanos, contempla a plantación de 174 exemplares nos alcorques repartidos da seguinte forma:
10 bidueiros na entrada da avenida de Xarío desde a estrada, 5 exemplares desde a entrada da Fraga do Xarío e un máis na subida ata a ponte do ferrocarril’

.Na mesma zona, desde a rotonda que conecta co paso do Camiño Inglés ata a próxima glorieta, próxima aos pisos da avenida de Xarío, plantaranse 32 árbores, tanto no tramo de subida como de baixada, e 23 novos exemplares na zona dos edificios, 15 de baixada e 8 de subida.

Pola súa banda, na rúa Monteagudo plantaranse 15 unidades e na zona anexa ao Club Náutico plantarase en 10 alcorques na subida e en 46 na baixada do tramo comprendido entre as dúas rotondas existentes no lugar.

Ademais, a actuación inclúe tamén o axardinado dos alcorques con céspede artificial, mellorando deste xeito as condicións estéticas.